AnTroPoLoGiA. Receita Galega. Galiza. Espanha. APRENDENDO e PENSANDO nas TRADIÇÕES, COSTUMES e HISTÓRIAS de cada país, de cada povo.

LIEBSTERBLOGAWARD MLD

AMEIXAS Á MARIÑEIRA

Cozo as fabas con algo de cebola e un xorro de aceite de oliva virxe e  unha folla de loureiro. Preparo noutras culleradas do mesmo aceite verduras moi picadas (allo, cebola, cenoura, pemento, tomate e perixel) ata que quedan moi cociñadas. Cando as fabas están feitas, engado as ameixas ás verduras, deíxoas abrir, debórcoas sobre a legume xa apagada e regulo o sal. Déixoas repousar cinco minutos para que se mesturen os sabores e xa están para levar á mesa.

Pero aínda hai outro truco que cómpre non esquecer. As fabas poden cocerse na auga que sentiu ferver no seu ventre unha pescada. E o resultado final pode arriquecerse coa salsa sobrante dalgún guiso de peixe branco ou dunhas ameixas á mariñeira.

Cantinho das Perguntas, desenvolvendo a CURIOSIDADE.

¨Por Uma Pedagogia da Pergunta“. Paulo Freire

1- Esta comida é saudável? (NKR)

2- Tem cenoura? (JLBR)

3- Comem-se as cascas também? (MCP)

4- Não vai precisar de faca? (CCC)

5- Vai ter sobremesa? (TRL)

6- Estas conchinhas têm que ser mastigadas? (VSS)

7-  Em que ocasião se come este prato? É para dia de festa? (ISG)

8-  Não acompanha arroz? (LAS)

Anúncios

2 Comentários (+adicionar seu?)

  1. MariaDario
    out 02, 2012 @ 16:03:03

    Estamos contentíssimos de conversar com frequência com a artista, Helena.
    Sua disposição em responder-nos tão prontamente nos deixa a todos mui envaidecidos e, certamente, com novos admiradores em terras tão longínquas.
    A senhora tem sido muito estimada pelas crianças.
    Muito obrigada, Profa. Helena.

  2. Helena Villar Janeiro
    out 02, 2012 @ 14:43:29

    Que pracer ver aquí a miña receita!. Agradezo moito á Profa. Maria Lúcia tela proposto e respondo eu as preguntas.
    É un prato do que aquí chamamos terra-mar. Procede da comida asturiana, onde se producen fabas de moito mérito. Na Galiza estímase porque temos moi boas ameixas. É saudable porque mestura a legume co marisco. Ten cenoura e outras verduras. As cascas non se comen, pero sempre se cociña o marisco completo. Para este prato non hai que cortar nada e na casa, con comida contundente como as fabas, non comemos pan. Adoita ser prato único, pero si hai sobremesa e o ideal para completalo sería un lácteo: queixo, iogurte…
    É comida cara polo prezo do marisco, polo que si pode poñerse en día de festa, aínda que acompañado dun segundo de carne. En Galicia non se acostuma a poñer arroz como acompañamento, senón pataca. Mais este prato considérase completo así.
    Unha aperta a repartir.