O SOUTO E A ESPERANZA. Helena Villar Janeiro (O Bosque e a Esperança)

LIEBSTERBLOGAWARD MLD

Completo, distinto e delicado poema, intitulado ‘O Souto e a Esperanza’, inspirado no bosque chamado ‘Cangrexeiro’, da escritora HELENA VILLAR JANEIRO. Em galego, no original.

Bosque O Cangrexeiro PB070264a-1024x773

O SOUTO E A ESPERANZA

HELENA VILLAR JANEIRO

O souto agarda baixo sol ou chuvia,

espíndose tras dúas estacións,

deixa caer as follas riba do esterco fúnxico

que florece na terra

e as danzas polonesas de Chopin

que o silencio executa no teclado

disposto polo aire

fan desa follagada

o baile de salón.

O souto é o salón que cobre a nube

protexéndoo da chuvia

se o vento é favorable

ou o sitio onde chove en dúas farvenzas…

e os espellos da auga que se estanca

na cunca remolida das súas follas

róuballe a luz ao día para o pintor que soña

escalas de amarelo,

para o poeta que acha

metáforas de vida en cada outono.

Íspese a psique do seu ruido íntimo

e sacódense os pés do póo do asfalto

coas follas voandeiras

que saen desde o souto a recibirnos

e a marcar o carreiro

dese encontro profundo no que o tempo

se amosa iridiscente nos seus cambios.

E as idades están todas no souto.

A infancia

xogando á escondedela cos ananos.

A adolescencia

movéndose en glisando como a cobra.

A xuventude

aprofundando amores recén nados.

A madurez

movendo nos recordos desgranados.

A ancianidade

intentado guiar as emocións.

Pero non está a morte.

Porque o souto

é sempre a alegoría do regreso

do canto dos paxaros.

O Cangrexeiro,  06-12-12

aaaFev 2012 419258_1903170314652_1703575023_1028768_557049204_n

tirardofio

Desde hoxe estou en Blogaliza. Aquí podedes seguirme a partir de agora: http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org/

Ver o post original

Anúncios

Comentários desativados.