Filosofia da Arte. Rosalía de Castro. Poetisa Galega

A um amigo brasilego!

Dende Aquí Vexo Un Camiño

Rosalía de Castro

Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n’o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas… ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunca máis me atopar…
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.

Anúncios

2 Comentários (+adicionar seu?)

  1. MariaLDário
    jan 31, 2014 @ 20:15:13

    É uma honra conhecer as suas obras, Profa. Helena, as de Rosalía, Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Emilia Pardo Bazán, além das de outr@s tant@s escritores, filósofos e artistas galeg@s. Sinto-me muito privilegiada pela vida me haver proporcionado experiências tão gratificantes. Um beijo!

  2. Helena Villar Janeiro
    jan 31, 2014 @ 19:04:31

    Grazas, prezada Profa. Maria Lúcia por traer aquí este fermoso poema. Unha aperta moi grande desde a tamén súa Galiza.