Filosofia da Arte, Ética e Educação. ‘Con Tinta Lila’. Helena Villar Janeiro

http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org

‘Pasaba a nena…
Nós, as predicadoras, falabamos
para ela, que pasaba
da man de súa nai…

Pasaba a nai…
Nós, as predicadoras, falabamos
para ela, que pasaba
dándolle a man á nena…

Falabamos…
Pasaban…

Pasaban e pisaban
as palabras que caían como follas
na sombra proxectada sobre a historia por todas as mulleres.

Falabamos…
Pasaban…

Pasaban e pisaban
a forza de Lisístrata na contraarenga,
o saber sanguiñento no cadáver de Hipatia,
as esixencias duras de Flora Tristán,
as cinsas das obreiras da Triangle Shirtwaist,
a afouteza das rusas que comezaron a revolución,
ao ver que as criaturas lles morrían coa fame.

Falabamos…
Pasaban…

Pasaban e pisaban
tanta cera,
tanto veo,
tanta opresión,
tanto sangue,
tanta inxustiza,
tanto silencio,
tanta mutilación,
tanto dominio,
tanta mercadoría,
tanto desprezo
tanta sumisión
tanto maltrato
tanta ignominia…

Falabamos para elas que pasaban
alleas a si mesmas
pois toda a carne feminina é unha
e un o seu sufrimento.’
Lugo, 8 de marzo de 2014

http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org/2015/03/08/con-tinta-lila/

Muitíssimo obrigada pela homenagem ao Dia Internacional da Mulher, Profa. Helena. Lindo poema, cheio de verdades. Verdades imortais? Por isso eu insisto tanto: é preciso que as mulheres tenham amor-próprio! Quando elas vão entender isso?

Anúncios

2 Comentários (+adicionar seu?)

  1. MariaLDário
    mar 08, 2015 @ 16:09:13

    Ou teríamos de nos livrar deles para sempre, Profa. Helena? Desculpe-me contestá-la, mas sou uma inconformada com a situação ‘eterna’ das mulheres. Não admito; não aceito. É incompreensível que elas permitam tantos sofrimentos, tantos danos a si mesmas.

  2. Helena Villar Janeiro
    mar 08, 2015 @ 16:04:09

    Moitas grazas pola difusión deste poema, amiga Profa. Maria Lúcia Dário. As mulleres temos que subir aínda un banzo de escaleira no que os homes xa están. Eles tamén teñen que nolo poñer máis doado. Unha aperta grande.